+ mdmme (Gz)

:: orquesta experimental
Laboratorio de creación sonora colectiva coproducido por Alg-a e o Banco d Tempo d Valadares, coa participación das Cantareiras do Alba, usuarixs do BTV e coordinadxs por Ignacio Muñoz aka mdmme

No festival/inauguración do Alg-a lab Toxos e Alg-as tivemos os nosos primeiros contactos e conversas coa direción do BTV, participando varixs membrxs de alg-a como usuarixs e pactando unha primeira colaboración para organizar un espectáculo cára ó 2º aniversario da entidade. Despois de varias conversas consensuamos a creación dos contidos do evento a partir de un taller/laboratorio de experimentación sonora, coa idea de explorar conxuntamente tanto material sonoro e coreográfico provinte da tradición local e de Galicia (canto, percusión, melodía instrumental e baile) como a súa interacción e mistura con outras “imaxinarios” sonoros contemporáneos (noise, síntese granular, piano preparado, paisaxes sonoras, etc).

Despois de 8 sesións durante mes e medio, e coa axuda doutrxs usuarixs na organización, difusión, necesidades técnicas e atrezzo escénico, estreamos a performance/concerto no Auditorio do CVCV.

Como aspectos destacables do proceso, a nivel musical e sonoro descubrimos a facilidade coa que “convivían” determinados sons e texturas electrónicas cos ritmos e melodías máis antigos da tradición, en especial os ritmos denominados maneo e ribeirana, de clara influencia norteafricana, moi propicios polo seu carácter repetitivo e menor densidade sonora para empastar con texturas/continuums xenerados electrónicamente, así como a inclusión de paisaxes sonoras e grabacións de campo da zona, feitas durante o proceso e algunhas suminstradas polo propio arquivo das Cantareiras. Durante o proceso modelamos e enfatizamos ese carácter repetitivo e espacial dos tipos rítmicos e melódicos tradicionais, así como “suavizamos” e repartimos a densidade da sucesión melódica das diferentes coplas.

A nivel convivencial, a maiores dos sinceiros vínculos e lazos que se estableceron durante o proceso que duran ate hoxe, remarcamos o feito de expoñer o traballo na súa “casa”, o Auditorio do CVCV, onde houbo unha notable afluencia de público e unha grande expectación, sen dúbida por ser este espazo un lugar de reunión habitual da xente da parroquia, e tamén pola sona e prestixio que teñen as Cantareiras do Alba na zona.

O resultado é que vaise creando unha comunidade participativa nos diferentes eventos tanto no alg-a lab (px participación de xente da parroquia nos encontros Generatech (rede a nivel estatal que traballa sobre diferentes transversais entre xénero, tecnoloxía e cultura livre), ou participación nosa como usuarixs do Banco d Tempo en encontros de divulgación de artes, oficios e en vías de desaparición, como a debullada do millo, axuda na recolleita, etc.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s